A principio dos anos oitenta comezaba a funcionar a explotación “canteiras Xubín, nunha contorna privilexiada e ùnico nacía unha das atrocidades ecolóxicas mais graves da comarca do Ribeiro (son moitas). No Concello de Cenlle, á altura do km.489 de la N120 na localidade de Xubin,comezaba a abrirse unha ferida que xa nunca pechará ,ante a incompetencia e indolencia de gobernos, tanto #da Xunta como estatal, e o ostracismo e minifundio mental de xentes, veciños e autoridades. Xusto ao lado dunha fermosa fervenza “a freixa”,ou "A Fervenza", xunto ao regacho que lle dá vida, a muíños centenarios pontes e camiños romanos, fronte a unha singular concentración de adegas e lagares antigos do Ribeiro ”Bostelo”, nun dos poucos sitios que sobreviviran a décadas de incendios, a “urbanismos rurais”, avaricia madeireira etc, as autoridades ”competentes" deron o visto e prace ao procreo de canteiras Xubin coa escusa de crear emprego e dar “vida” á zona, a canteira comezou non só a crear un dos impactos visuais mais ofensivos nunha zona con centos de miradoiros naturais, dada a súa innata condición paisaxística e a súa orografía que o permiten, se non que a lista de agresións e delitos non facían máis nada que empezar: Invasión da canle da freixa e o seu regacho, ata o punto de ser desviado decenas de metros. Sedimentación de máis de 5000 #m² con entullos que arrastrados polo regacho quedaron na súa desembocadura no riu Miño, entre Xubín e Erbededo de Abaixo, sedimentación que fixo desaparecer unha zona da beira que antes era un remanso do riu, embarcadoiro e zona de recreo natural ,( o de natural non é moi certo xa que esta zona era unha das poucas que quedaban aproveitables para os veciños e que fose creada “grazas”a outra atrocidade , a presa de Castrelos.) Barrancos con caidas de 70 mts a pé de estrada sen la menor medida de seguridade nin de aviso. Voaduras incontroladas que lanzaron en varias ocasións pedras de 200 kgs a 700 mts de distancia por encima de veciños e casas e esmagando viñas, incumprindo as normas mínimas de distancia de poboacións próximas ( hai casas a 100 mts ,cando o mínimo son 500. Cando a apatía , a indolencia , o caciquismo servil , a incompetencia e as pragas mentais medievais que arrastramos no rural galego, xúntanse, o progreso e o desenvolvemento sostible afástanse irremediablemente.