Capela de Santa Lucía (Santo Andrés de Erbededo)

 CASTELLANO

Erbededo posúe unha capela consagrada desde 1893 a Santa Lucía, de planta románica, data de entre os séculos XI – XIII (reformada en séculos posteriores) aínda que a existencia no seu interior dunha Ara Romana datada entre os séculos II-III (pedra votiva consagrada a algunha deidade) fainos pensar que a localización da capela ,na ladeira dun monte cunha privilexiada vista do val do Miño non é casual senón que en época de Romanización probablemente existise un pequeno templo dedicado a deidades Romanas logo cristianizado. Esta capela foi parroquia aproximadamente desde o século XI ata finais do século XIX consagrada a Santo Andrés e hai constancia diso en numerosos documentos da diocese de Ourense ou do mosteiro de San Clodio:


1352, diciembre, 07. Juan Pérez, clérigo, rector de la iglesia de Santo André de Ervededo, vende a García Yáñez de Pazos y su mujer María Yáñez tres leiras de terreno plantadas de viña en Veiga de Pazos, y otras heredades por 1300 maravedís, a condición de prestar al monasterio el foro de la cuarta parte de ellas. “Era de mille et trezentos e ginquenta et dous annos, sete dias andados de dezenbro. Sabean quantos esta carta viren como en lohan Pérez, clérigo, prelado da igleia de sant Andre d'Ervededo, por min et por toda miña vos, vendo et outorgo firmemente a uos Gargy lañes de Paagos et a uosa muller Maria Vanes…”.